Reis, Libro dos
Reis, Libro dos
Nome científico:
[Šāh Nāme]
[LIT]
Epopea persa escrita por Firdawsī e que constitúe unha compilación de lendas que van desde os primeiros reis asirios ata a conquista árabe de Persia. Unha gran parte da obra narra as aventuras de Rustām, heroe lendario da antiga literatura persa que deu morte involuntaria ao seu fillo Suhrāb. Foi considerado a conclusión da literatura clásica en lingua persa.