relativismo

relativismo

(< relativo)

  1. s m [FILOS]

    Tendencia ou doutrina segundo a cal todo é relativo e, en consecuencia, non se pode coñecer nada dun xeito absoluto ou cun criterio estritamente obxectivo xa que o coñecemento vese como puramente relativo ao suxeito. Polo que respecta á ética, asúmese en sentido estrito, xa que o valor moral dunha acción ou decisión vese como dependente das circunstancias e relativo a elas. Nun sentido lóxico-epistemolóxico noméase a miúdo subxectivismo, e en relación a un suxeito humano xenérico denomínase antropoloxismo ou relativismo antropolóxico. No sentido xeral e cando se afirma radicalmente, conduce loxicamente ao escepticismo e, despois, ao nihilismo.

  2. relativismo cultural [ANTROP/CULT]

    Principio que sostén a igualdade intrínseca de todos os sistemas culturais e que os seus diferentes aspectos deben ser analizados segundo os patróns e os criterios propios da mesma cultura que os contén.