relixión
(
-
s
f
[RELIX]
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de crenzas, costumes e ritos, de actitudes e sentimentos e de maneiras de comportamento que vinculan unha persoa ou un grupo humano con aquilo que se recoñece como sagrado, misterioso ou transcendente, e que a miúdo se identifica con Deus ou o divino.
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de preceptos ou costumes, e de ritos que configuran socioloxicamente e oficialmente o sentido transcendente dun grupo humano determinado. Polo que respecta á interrelación dos aspectos subxectivo e obxectivo do feito relixioso, é importante consignar os diferentes significados que, etimoloxicamente, pode ter a palabra relixión. Por unha banda, pode vir derivada do verbo relegere, é dicir, ‘recoller, reunir, todo canto ao culto dos deuses se refire’. Por outra, tradicionalmente en Occidente e nos ámbitos culturais cristiáns, recibiuse o termo relixión como un derivado da raíz semántica religare, subliñando con isto a dimensión relixiosa en canto que liga, une ou ata ao crente con Deus. Relixión é aquela dimensión do home pola que se transcende a si mesmo e é capaz de romper o círculo pechado ou o horizonte hermético da súa existencia recortada, de tal modo que se podería falar dunha dimensión relixiosa inexcusable unida á súa propia condición humana, limitada na medida en que se atreve a sospeitar a ruptura dese, aparentemente insuperable, límite. A forma histórica en que cada home ou conxunto concreto de homes se abriu peculiarmente á transcendencia humana deu lugar á aparición dunha complexa serie elaborada de dogmas, doutrinas, ritos, nalgúns casos de preceptos morais e noutros de meros costumes, que configuran na súa totalidade o acervo cultural sociolóxico e oficialmente asumido por un colectivo particular ao longo da súa historia como a expresión desa vivencia transcendente que, como grupo humano familiar ou ‘religado’, foi elaborando de maneira máis ou menos precisa. Este conxunto complexo de elementos distintos pero conxuntados é o que máis precisamente se debe entender por relixión. O concepto de relixión non deixou de sufrir enormes cambios a partir sobre todo da época da Ilustración. Desde o s XVI, e sobre todo decididamente a partir do s XVII, iniciouse un proceso que afondou en séculos posteriores. Desde Descartes ata Husserl e a posterior modernidade, con Levinas e Heidegger, entre outros, foron derivando compresións diversas a partir da noción teolóxica e filosófica da relixión cristiá. Coa Ilustración, a idea de relixión empezou a xirar exclusivamente ao redor do home. En consecuencia, comezouse a usar un concepto de relixión cada vez menos unívoco, progresivamente análogo e ata equívoco. Os librepensadores e os posteriores movementos filosóficos europeos distinguiron entre unha relixión pública, de carácter oficial, e outra relixión privada, a miúdo chamada relixiosidade. Fálase dunha relixión natural, adecuada ao home en xeral e que só se somete aos principios da razón humana, contrapoñéndoa ás relixións de carácter histórico-positivo. Avánzase progresivamente no estudo meramente positivo da relixión a priori, entendida exclusivamente como unha dimensión do home en xeral. A relixión, antes ca unha manifestación concreta, é o que está detrás de todas e cada unha das súas manifestación relixiosas máis ou menos confesionables. Así, a relixión pasa a ser estudada desde os diversos ángulos que posibilitan as ciencias humanas experimentais (historia das relixións, socioloxía das relixións, psicoloxía das relixións) coa finalidade clara de purificar as diferentes manifestacións histórico-positivas do feito relixioso ata quedarse no mero fenómeno abstracto, case co seu concepto. Neste sentido, no seu momento foron especialmente significativos os achegamentos que ofrecía a chamada historia das relixións. Iniciada como compilación ou descrición erudita, falta de todo tipo de análise crítico, a partir do descubrimento de América e co contacto coas máis diversas expedicións colonizadoras que descubriron culturas e relixións estrañas ao cristianismo, a historia das relixións entrou de cheo na tarefa dos estudos comparados. Os novos datos chegados ao continente europeo traídos polos viaxeiros e investigadores, así como as primeiras traducións de textos relixiosos doutras culturas e as posibilidades abertas polo desciframento de escrituras antigas, colocan a comprensión da relixión ante un horizonte totalmente novo. A Ilustración e as posibilidades abertas polo desenvolvemento das chamadas ciencias experimentais aplicadas á relixión convértense pouco a pouco nunha crítica á relixión e ao mesmo feito relixioso en si mesmo. Segundo Schleiermacher (1799), é expresión filosófica dun anhelo e paixón polo infinito único. Malia manter unha idea de Deus incomensurable, a relixión deste Deus que se estende a todo o cosmos, á natureza e á historia, e á humanidade enteira con todos os seus sentimentos, debe elaborarse como relixión única para todos. Hegel representou outro avance cara á conquista dun concepto absoluto da relixión única válida. Para Hegel, en efecto, o que antes atribuían os relixiosos a Deus agora se pode, sen máis, atribuír á historia humana. Chegouse ao punto en que parecía que xa non resultaba posible unha definición universal válida do feito relixioso. Tan só quedaban as constatacións experimentais incuestionables psicolóxicas, sociolóxicas e económicas que dalgunha maneira estiveron ligadas ao fenómeno relixioso. Así, criticáronse acerbamente estes datos relixiosos concretos, descontextualizados do seu peculiar caldo de cultivo, ao mesmo mundo do feito relixioso. A esa crítica corresponden xenerosamente visións netamente antirrelixiosas como as de Feuerbach, Marx ou Freud. Feuerbach tentou unha crítica da relixión que xa non consistía simplemente en sacar á luz un conxunto de falsas evolucións antropolóxicas coñecidas polas relixións históricas para establecer un concepto verdadeiro de relixión (pretensión de Schleiermacher ou Hegel), senón que tratou de conseguir a verdadeira realización do home arrancándoo das garras antihumanas da relixión en canto tal. Feuerbach quixo liberar a existencia humana de todo aquilo que non lle permitira ser home. E isto é o que se encobre baixo o concepto de relixión, aquel perigoso sono do espírito humano que lle traizoa na súa máis íntima identidade humana. Pola súa banda, Marx contemplou o feito relixioso practicamente diluído nas súas condicións sociais de dominio político da relixión do estado. A súa crítica á relixión convértese en principio para o dominio e a transformación marxista do mundo que, como ineludible paraíso, debe esperarse. Freud estableceu a crítica da relixión a partir da comprensión do feito relixioso na perspectiva da psicoloxía. A relixión é unha especie de neurose coercitiva, á que hai que vencer. O esquema é claro: esta neurose desaparecerá, como acontece coas neuroses infantís, co tempo. Chégase desta maneira a converter a relixión nunha mera relixiosidade individual, unha manifestación colectiva dun fenómeno neurótico; unha especie de enfermidade comunitaria e compartida ata agora pola humanidade enteira. Tras as críticas destrutivas e demoledoras de Feuerbach, Marx e Freud, xurdiu, en pleno s XX, con Chantepie, Scheler e, sobre todo, Husserl, unha nova visión do feito relixioso. Eles, xunto con Eliade, Widengren e particularmente Rudolf Otto, non só deron lugar ao nacemento da fenomenoloxía da relixión como estudo específico da categoría do ‘sagrado’, senón que contribuíron decisivamente ao establecemento do estudo fenomenolóxico do feito relixioso como disciplina autónoma. Por riba do estudo das diversas manifestacións relixiosas empiricamente contrastables, por riba incluso do estudo das máis distintas ideas de Deus que nas diversas formas relixiosas poidan estudarse, o método fenomenolóxico quere ir máis alá. Asume todo isto e descubre o núcleo central da relixión como experiencia tipicamente humana experimentada na vivencia subxectiva e obxectiva da chamada ‘ruptura de nivel’ entre o inmanente e o transcendente, entre o ordinario e o extraordinario, entre o sagrado e o profano. Con temor e tremor, con fascinación non menos que con respecto sagrado, o horizonte da existencia humana aínda pechado no tempo e no espazo ábrese ao ‘totalmente outro’.
-
-
s
f
[RELIX]
-
irtude que move ao home a darlle a Deus o culto debido.
-
Conxunto de principios e prácticas dirixidos a cumprir ferventemente un ideal, unha institución.
-
-
s
f
[RELIX]
Orde ou instituto relixioso.
Refráns
- A misa, que a diga o crego.
- Cando non o dan os campos, non o teñen os santos.
- Día de Corpus, miña comadre, pásache o touporroutou pola "calle".
- Nas confradías non faltan ás veces as picardías.
- Nin fagas porfía nin entres en confradía.
- O sermón, o sábalo e o salmón na Coresma teñen sazón; despois, non.
- Por oír misa e dar cebada, nunca se perdeu a xomada.
- ¡Aí vén a santa Mariña coa súa regazadiña!