REM
REM
[MÚS]
Grupo estadounidense de rock formado en Georgia en 1980 e composto por Michael Stipe (cantante), Mike Mils (baixo), Peter Buck (guitarra) e Bill Berry (percusión) coas siglas de Rapid Eye Moviment. Debutaron en 1981 co maxi-single Chronic Town, ao que seguiron os álbumes Murmur (1983), Document (1987) e Green (1988). O éxito do grupo continuou con Out of Time (1991), Automatic For The People (1992), Monster (1994), New Adventures In HI-Fi (1996), Up (1998) e Around the Sun (2004).