remo
(
-
-
s
m
[MAR]
Instrumento de madeira ou doutro material resistente, semellante a unha pa longa e estreita, que serve para impulsar embarcacións manualmente ao facer forza na auga. O remo exerce a súa acción como panca de segundo xénero que ten o punto de soporte na auga, é dicir, na resistencia que opón a auga ao movemento da pa; a potencia, proporcionada polo remeiro, está no puño; e a resistencia no punto de aplicación na toleteira.
-
s
m
[DEP]
Deporte náutico que consiste en celebrar competicións entre embarcacións movidas por remos. Na súa forma moderna, este deporte apareceu en Inglaterra. En 1811 disputáronse as primeiras competicións en Nova York e en 1829 celebrouse a primeira edición da Oxford-Cambridge, que co tempo se converteu nun clásico deste deporte. En 1892 creouse a Federación Internacional e ao ano seguinte celebráronse os primeiros campionatos de Europa. Foi admitido como proba olímpica en 1900 en París, aínda que a categoría feminina non foi recoñecida ata 1976, nos Xogos Olímpicos de Montréal. A competición consiste en cubrir 2.000 m na categoría masculina e 1.000 m na feminina, en augas tranquilas. As embarcacións varían segundo o número de remeiros. As súas dimensións oscilan entre os 8 m e 14 kg (esquife), e os 18 m e 93 kg (embarcación de oito remeiros). As categorías masculinas son esquife (un só remeiro con dous remos), dous remadores (dous remos por remeiro), dous sen temoneiro (un remo por remeiro), dous con temoneiro (un remo por remeiro), catro remadores (dous remos por remeiro), catro sen temoneiro (un remo por remeiro), catro con temoneiro (un remo por remeiro) e oito con temoneiro (un remo por remeiro). As categorías femininas son esquife (unha soa remeira con dous remos), dúas remadoras (dous remos por remeira), catro con temoneiro (un remo por remeira), catro remadoras (dous remos por remeira), catro con temoneiro (dous remos por remeira) e oito con temoneiro (un remo por remeira).
-
remo de couso
[MAR]
Remo de popa dos botes ou embarcacións pequenas, que xeralmente cumpre as funcións de temón.
-
remo en punta
[DEP]
Conxunto de modalidades de remo en que cada remeiro utiliza un só remo.
-
remo en scull
[DEP]
Conxunto de modalidades de remo en que cada remeiro utiliza dous remos.
-
s
m
[MAR]
-
s
m
Obxecto con forma de remo.
-
s
m pl
Nome que se lles dá ás veces aos brazos e ás pernas do home, ás patas dos cuadrúpedes e ás ás das aves.
-
s
m
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde ás voces ‘garfo’ e ‘brazo’.
Frases feitas
-
A remo. Pola acción dos remos.
-
Bater os remos. Poñer en movemento os remos na auga para facer andar a embarcación.