remuda

remuda

(< remudar)

  1. s f

    Acción e efecto de remudar.

  2. s f

    Cambio que se fai entre dúas persoas en diversas actividades.

  3. carreira de remudas [DEP]

    Proba atlética de carreira por equipos que consiste en dividir o percorrido en catro partes, chamadas fraccións, que corre, cada unha, un atleta. Os compoñentes do equipo pásanse sucesivamente un tubo ríxido, chamado testemuño. As máis importantes son as de 4x100 m e 4x400 m, tanto masculinas como femininas, que forman parte do programa olímpico. En natación é unha proba por equipos, de catro nadadores cada un, que consiste en percorrer unha distancia determinada dividida en fraccións, cada unha delas percorrida por un nadador. O cambio ten lugar cando un nadador acaba a súa fracción e toca a parede da piscina. As carreiras de remudas masculinas recoñecidas son estilo libre 4x100 m e 4x200 m. A feminina é estilo libre 4x100 m. Existe, ademais, a carreira de remudas 4x100 m estilos en ambas as dúas modalidades.

Palabras veciñas

removíbel | removible | Remscheid | remuda | remudar | remuiñado -da | remuíño