2 renda
(
-
-
renda nacional
Agregado macroeconómico fundamental que indica o valor de todos os ingresos derivados da participación dos diferentes factores no proceso de produción durante un tempo determinado, xeralmente un ano. Neste sentido, a renda nacional coincide co produto nacional neto. O cálculo da renda nacional poderase facer por tres vías alternativas: pola vía de produción, é dicir, a suma dos valores engadidos netos de todos os procesos produtivos durante o período considerado; pola vía de ingreso, a suma de todas as rendas ou ingresos correspondentes aos factores de produción subministrados no proceso produtivo do ámbito considerado, antes de deducir os impostos indirectos e antes da dedución previa dos pagamentos por transferencia e das rendas derivadas; e pola vía de gasto ou de destino das rendas, a suma de todos os gastos en consumo, incluíndo as subvencións e excluíndo os impostos indirectos, os gastos en inversión, máis as exportacións e as rendas da propiedade procedentes do estranxeiro menos as importacións e as rendas da propiedade pagadas no estranxeiro.
-
renda per capita
Relación por cociente entre a renda nacional e o continxente de poboación. É o índice xeralmente utilizado para a comparación de diversas economías, como tamén a determinación do nivel de desenvolvemento.
-
renda persoal
Agregado das rendas recibidas polas unidades económicas de consumo, as familias e as institucións privadas sen fins lucrativos. Calcúlase deducindo da renda nacional os beneficios non distribuídos, os impostos sobre sociedades e as cotas da Seguridade Social e sumándolle as transferencias recibidas polas economías domésticas procedentes do goberno e das empresas.
-
renda real/deflacionada
alor da renda calculado en prezos constantes ou en prezos deflacionados segundo un índice xeral de prezos.
-
s
f
Aquilo que se obtén como consecuencia da propiedade dun activo material ou financeiro, por unidade de tempo ou o pagamento efectuado polo uso, durante un período de tempo determinado, dun activo que pertence a outra persoa.
-
s
f
Sucesión de pagamentos equidistantes, en matemética financeira.
-
s
f
Remuneración, segundo os fisiócratas e os economistas da escola clásica, polas calidades naturais e indestrutibles da terra. Foi aplicado por extensión polos economistas neoclásicos a todos os factores de produción. Neste sentido fálase de renda económica como o excedente recibido polos factores produtivos, e de oferta limitada ou fixa, por riba da remuneración estritamente necesaria para manter estes factores. O concepto de renda económica naceu con David Ricardo (1772-1823) e asóciase estreitamente á terra. Para D. Ricardo, como consecuencia do aumento da poboación e da demanda de alimentos, compría incrementar a produción agraria cultivando novas terras, posto que nas terras xa cultivadas non se podía incrementar a produción segundo a lei de rendementos decrecentes. Estas novas terras serían de menor fertilidade, xa que obviamente se cultivarían en primeiro lugar as terras de máis calidade. Posteriormente Alfred Marshall (1842-1924) considerou que a renda se orixinou como consecuencia da rixidez da oferta de factores produtivos e distinguiu entre rendas duradeiras, coma a renda da terra entendida no sentido de D. Ricardo, e non duradeiras, como consecuencia da situación económica do momento ou pola situación de predominio dunha empresa no mercado.
-
distribución da renda
[ECON]
teoría da distribución.
-
política de rendas
Conxunto de medidas que tratan de conseguir un acordo entre goberno, empresarios e traballadores con vista a establecer un control da suba dos prezos, rendas diversas e salarios. O obxectivo destas políticas é o restablecemento ou mantemento dunha taxa de beneficio sen alzas de prezos que impliquen unha deterioración do sector exterior.
-
renda dispoñible
Agregado que determina a renda que as familias e institucións privadas sen fins lucrativos teñen dispoñibles para investir en consumo e en aforro. Coincide coa renda persoal despois da dedución previa dos impostos persoais.
-
renda fiscal
Avaliación da oscilación do patrimonio dunha persoa física ou xurídica nun intervalo de tempo dado, e que serve para calcular a base impoñible de determinados tributos, como o imposto xeral sobre a renda das persoas físicas ou o imposto xeral sobre a renda das sociedades.
-
renda monetaria
Valor da renda nacional calculada nos prezos correntes de cada ano.
-
renda nacional
-
renda de integración social de Galicia
RISGA.
-
renda plena
[HIST/DER]
Produto periódico material dunha propiedade en contraposición aos dereitos de xurisdición e outros beneficios.
-
renda vitalicia
[DER]
Contrato aleatorio en que unha persoa cede a outra un capital coa obriga de que lle pague unha pensión ao cedente ou a unha terceira persoa durante toda a vida.