renio

renio

(

Nome científico: [Re]
s m [QUÍM]

Elemento químico, de número atómico 75 e peso atómico 186,207, que pertence ao grupo VIIB da táboa periódica. É un dos metais da terceira serie de transición que non existe nativo nin en forma de composto definido, pero que está moi repartido entre diferentes minerais, principalmente molibdenita, columbita e nas menas de platino. Ten aplicación electrónica para a preparación de contactos e filamentos para flash e tamén se emprega como aditivo en aliaxes de molibdeno e tungsteno polo seu elevado punto de fusión e as excelentes propiedades mecánicas que lle confire. Por outro lado, os catalizadores de renio atopan aplicación en procesos de hidroxenización, craking e reforming. Foi descuberto en 1925 por W. Noddack, I. Tacke e O. Berg.

Palabras veciñas

rénico -ca | reniforme | renina | renio | renitencia | renitente | Renn, Ludwig