repeler
repeler
(< lat repellĕre)
-
v t
Facer que algunha cousa ou persoa retroceda ou se afaste de un.
Ex: Repeleron os manifestantes violentos con gases lacrimóxenos.
Sinónimos: rexeitar. -
v t
[FÍS]
-
Tender un corpo a separarse doutro por unha acción recíproca a distancia.
-
Exercer sobre un corpo forzas que actúan opoñéndose ao feito de que dito corpo se achegue ao axente físico que exerce as forzas sobre el.
-
-
v t
Causar algo ou alguén repugnancia ou unha sensación desagradable.
Ex: Repéleme ter que velo na reunión.