repenicar

repenicar

(< repicar)

  1. v t
    1. Tocar unha campá de forma rápida e seguida para anunciar algo.

      Ex: Repenicou as campás o día da festa.

      Sinónimos: repicar, tanxer.
    2. Tocar un instrumento de percusión de forma rápida e repetida.

      Ex: Os nenos repenicaban o pandeiro.

      Sinónimos: repicar.
  2. v i
    1. Soar unha campá de forma rápida e repetida.

      Ex: Hoxe repenican as campás.

      Sinónimos: repicar.
    2. Soar un instrumento rápida e repetidamente.

      Ex: Anda todo o día a repenicar no tambor.

      Sinónimos: repicar.
  3. v i

    Producir sons reiterados ao bater sobre algo.

    Ex: Non para de repicar cos dedos na mesa.

    Sinónimos: repicar.

Palabras veciñas

repelo | repelón -na | repenar | repenicar | repenico | repenique | repensar