reportar
reportar
(< lat reportāre)
-
v t
Producir algo unha consecuencia de carácter positivo ou negativo.
Ex: Non sei como segues coa empresa se só che reporta perdas.
-
v t
Reprimir un estado de ánimo ou un impulso.
Ex: A próxima vez reportarás as túas arroutadas cando esteas con descoñecidos.
-
v t
[GRÁF]
Pasar unha proba litográfica a unha pedra para multiplicar as tiradas dun debuxo.
-
v pron
Moderarse no comportamento e actitude.
Ex: Tivo que reportarse para non contestar mal.