represión

represión

(< lat repressiōne)

  1. s f
    1. Acción e efecto de reprimir ou reprimirse.

    2. [POLÍT/SOCIOL]

      Acción ou situación creadas por unha persoa ou grupo social ou político que teñen un certo poder sobre outra persoa ou grupo, que pretende frear de raíz calquera manifestación, movemento ou tendencia que poida entrar en conflito coa situación establecida, considerada inxusta e necesitada de transformación.

    3. [PSIC/PAT]

      Proceso ou mecanismo psíquico mediante o que quedan inconscientes determinados elementos dinámicos da actividade instintiva (emocións, motivacións, tendencias ou ideas), que son vistos como penosos ou perigosos para o individuo, en virtude dos costumes ou da moral imperantes no seu ambiente.

  2. s f [BIOQ]

    Mecanismo de inhibición da síntese dun determinado enzima a nivel xenético nun microorganismo, debido á presenza do produto final da reacción que o enzima cataliza (aminoácidos, purinas e pirimidinas).