reprodutor -ra
(< reproducir)
-
adx e s
Que ou quen reproduce.
-
-
adx
Aplícase ao elemento ou ao individuo que se reproduce ou serve para a reprodución.
-
aparato reprodutor
[ANAT]
Conxunto de órganos destinados á reprodución. No sexo masculino consta dos testículos e o pene. Do testículo sae o epidídimo que desemboca no conduto deferente, que penetra na cavidade abdominal e vai parar ás vesículas seminais. As vesículas seminais, xunto co epidídimo e a próstata, producen o seme ou esperma. O conduto deferente pasa despois polo medio da próstata e diríxese cara ao pene, que consta de tres órganos eréctiles, os corpos cavernosos e o glande. O aparato reprodutor feminino consta de ovarios, ovidutos ou trompas de Fallopio, útero ou matriz, vaxina e uns xenitais externos que en conxunto constitúen a vulva.
-
ciclo reprodutor
[BIOL]
ciclo biolóxico.
-
adx