Repsol YPF

Repsol YPF

Grupo empresarial dedicado, principalmente, á extracción, transporte, transformación e venda de petróleo. Resultado da fusión en 1999 da empresa arxentina YPF e da española Repsol, converteuse nunha das cinco principais petroleiras do mundo. En 1987 coa reorganización do Instituto Nacional de Hidrocarburos naceu Repsol que en 1989 iniciou a súa privatización, acadada en 1997. En Galicia a compañía mantén a refinaría da Coruña, no complexo industrial de Bens-Nostián, que naceu en 1961 como Petroliber. Dedícase principalmente á destilación de crudo, fabricación de coques e asfaltos, e á produción de produtos oxixenados para a xeración de gasolinas sen chumbo.

Palabras veciñas

reprografía | reprográfico -a | reps | Repsol YPF | reptación | reptante | reptar