Resentidos, Os

Resentidos, Os
[MÚS]

Grupo de rock creado en Vigo en 1982 que estaba formado por Antón Rodríguez Reixa, cantante; Alberto L. Torrado, baixo eléctrico; Xavier Fernández Soto, guitarra; e Rubén Losada, percusión. Xunto con Siniestro Total sacaron o seu primeiro álbum, Surfin’ CCCP (1984), en que incluían dúas cancións propias. Con ese traballo a súa carreira cobrou novos folgos e promoveron unha música moderna e con trazos radicais feita desde Galicia e en galego. O grupo disolveuse en 1994 e dos seus discos destacan Vigo, capital Lisboa (1984), Fai un sol de carallo (1986), Música doméstica (1987), Fracaso tropical (1988), Jei (1990), Ya están aquí (1993) ou Made in Galicia 84-94 (1994).

Palabras veciñas

Resende | Resende, Garcia de | resentido -da | Resentidos, Os | resentimento | resentir | reserpina