reserva
(< reservar)
-
-
s
f
Acción de reservar ou reservarse.
-
s
f
Documento co que se acredita que se ten algo reservado.
-
s
f
[ARTE/BIBLIOT]
Parte do fondo de arte dun museo ou conxunto das publicacións dunha biblioteca que, polo ser valor ou rareza, son sometidos a un réxime de exhibición ou de consulta especiais.
-
s
f
[RELIX]
Acción de reservar solemnemente o Santísimo Sacramento logo da comuñón e da exposición solemne.
-
reserva eucarística
[RELIX]
Hostias consagradas que se conservan no sagrario para a comuñón dos enfermos ou de persoas en perigo de morte e, secundariamente, para a comuñón dos fieis distribuída fóra da misa, para a adoración e para a exposición do Santísimo Sacramento.
-
substancia de reserva
[BIOL]
Calquera substancia dunha célula, tecido ou organismo, que se pode mobilizar para permitir unha independencia nutritiva temporal do medio. Cuantitativamente adoitan ter moita importancia as reservas lipídicas no tecido adiposo dos animais e nas sementes das plantas. O glicóxeno e o amidón son dous polisacáridos insolubles que son almacenados respectivamente por animais, fungos e plantas.
-
s
f
-
-
s
f
Conxunto de cousas que se gardan para un caso de necesidade. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
s
f pl
[ECON]
Conta de neto que recolle a parte de beneficios non distribuídos, que a empresa conserva para facer fronte aos gastos derivados da actividade económica que lle é propia. A proporción das reservas pode ser fixada nos estatutos, regulada legalmente ou, simplemente, constituída de forma voluntaria por decisión dos accionistas.
-
reserva técnica/ matemática
[ECON]
Porción dunha prima, determinada pola lexislación de cada estado, que a compañía aseguradora ten a obriga de destinar a garantir o cobro do capital contratado no caso de se producir a eventualidade obxecto da póliza. A reserva técnica é feita segundo fórmulas matemáticas e táboas actuariais. O conxunto de reservas técnicas das diversas pólizas dunha mesma compañía teñen que ser investidas no sector público ou privado.
-
reservas bancarias
[ECON]
Diñeiro que o banco mantén en forma líquida para facer fronte ás posibles demandas dos seus depositantes. As proporcións que estas reservas teñen que representar respecto do total de depósitos poden ser fixadas por lei ou por convenio entre as institucións bancarias e o estado.
-
reservas monetarias
[ECON]
Stock de medios de pagamento que un país retén co fin de facer fronte aos déficits temporais da súa balanza básica, amortizando os efectos das flutuacións do comercio exterior. Están constituídas por todos os medios de pagamento recoñecidos internacionalmente: ouro, divisas ou dereitos especiais de xiro.
-
s
f
-
[DER]
-
s
f
Cláusula contractual que dá facultades concretas a unha das partes.
-
s
f
Disposición unilateral pola que nalgúns contratos unha parte se reserva ao proveito dos bens transmitidos, sobre todo nos censos enfitéutico e reservativo e na doazón.
-
s
f
Declaración que fai o xuíz de que a resolución ditada non afecta a determinado dereito.
-
reserva binupcial/viuval/ordinal
Obrigación que a lei impón ao viúvo ou á viúva que contrae novo matrimonio de reservar, a favor dos fillos do matrimonio anterior e dos descendentes destes que existan ao producirse a súa morte, os bens adquiridos por calquera título lucrativo do seu consorte defunto.
-
reserva de dominio
Pacto que se estipula en determinados contratos para obrigar ao comprador a pagar todo o prezo. A reserva implica que a propiedade plena non é conseguida polo comprador ata que teña pagada a totalidade do prezo.
-
reserva de lei
Materia que, por mandato constitucional, só pode ser obxecto de regulación por norma con rango e valor de lei.
-
reserva lineal/troncal/extraordinaria
Obriga que a lei impón ao ascendente que herde dun descendente, bens que este adquirise por calquera título lucrativo doutro ascendente ou dun irmán, de reservar os bens mencionados a favor dos parentes ata o terceiro grao da liña de onde proceden estes bens.
-
reserva mental
Intención restritiva do xuramento ou promesa que non se declara no momento de facelo. A reserva mental constitúe unha mentira e, nalgúns casos, pode ser causa de nulidade do vínculo.
-
s
f
-
s
f
[BÉL]
-
Elementos combatentes non destinados inicialmente ás operacións activas e que o mando mantén á súa disposición en previsión de futuras continxencias.
-
Situación a que se pasa unha vez cumprido o período de servizo militar, nos países onde é obrigatorio, ou á que son destinados os xefes e oficiais das forzas militares permanentes ao cumprir unha determinada idade, ou os mobilizados que se reintegran á vida civil ao remate dunha guerra.
-
-
-
s
f
Territorio destinado á protección de especies animais e vexetais.
-
reserva natural
[BIOL]
Espazo natural especialmente protexido no que se intenta asegurar a protección das especies
-
reserva zoolóxica
[BIOL]
Territorio en que os animais residen protexidos e en liberdade.
-
s
f
-
-
s
f
[POLÍT]
Nalgúns países colonizados, territorio reservado aos aborixes, que residen nel segundo un estatuto especial.
-
reserva de indios /
[HIST/POLÍT]
Cada unha das zonas da América do Norte onde vive confinada, a partir da Dawes Severalty Act (1887), a poboación indíxena.
-
s
f
[POLÍT]
-
s
f
Actitude discreta e prudente.
-
s
f
[ALIM]
Produción de viño ou licor cunha crianza mínima de tres anos, xeralmente en envase de madeira ou vidro.
-
s
[DEP]
-
Conxunto de xogadores non titulares dun equipo.
-
Deportista que pode substituír a un titular.
-
-
s
f
[ARTE]
Parte que se deixa en branco nalgunhas técnicas de gravado e pitóricas.
-
s
f
-
Material que pode ser extraído e aproveitado dun depósito.
-
[IND]
Cantidade de petróleo que se pode recuperar dun xacemento.
-
-
s
f
[TECNOL]
-
Superficie que se protexe cun material illante para que non actúe sobre ela un axente determinado co que se vai tratar as superficies contiguas.
-
Material illante ou axente con que é cuberta a reserva.
-
-
reserva alcalina
[FISIOL]
Cantidade de substancias reguladoras que contén o plasma sanguíneo capaz de neutralizar os ácidos.
-
reserva señorial
[HIST]
Parte do dominio señorial que está explotado directamente polo señor.
Frases feitas
-
Sen reserva. Sen condicións.
Refráns
- Tulla que está sen trigo non dá gran para facer pantrigo.