residuo
(< lat residŭu)
-
-
s
m
Parte, en xeral sen valor, que queda dun todo logo de tirarlle unha ou máis partes.
-
s
m
[IND]
Materia que se obtén nunha operación química xunto co produto principal ou que queda tras un tratamento industrial ou unha transformación.
-
residuo dos alimentos
[ALIM]
Característica analítica dos alimentos que se define como as substancias que quedan despois de tratalos con ácidos ou álcalis diluídos. Fundamentalmente son celulosa e lignina e coinciden en parte co residuo das racións, característica nutricional que consiste nas substancias non dixeribles pero necesarias para o funcionalismo intestinal.
-
residuo fixo
[ALIM]
Residuo que deixan os alimentos líquidos despois de seren evaporados en seco para eliminarlle a auga e outros produtos volátiles (aromas).
-
residuo radioactivo
[FÍS]
Produto ou substancia que queda dun proceso ou material nuclear logo de lle extraer o proveito desexado e que manifesta radioactividade. Pode presentarse en forma sólida, líquida ou gasosa e clasifícanse en emisores beta-gamma, que son produtos directos da fisión cunha vida media dunhas decenas de anos, e en alfa que son isótopos dos elementos transuránidos formados na absorción neutrónica subseguinte á fisión, con vidas medias moito máis longas (1.000.000 de anos para o neptunio 237). OBS: Emprégase sobre todo en plural.
-
s
m
-
s
m
[MAT]
Resultado da subtracción.