restar

restar

(

  1. v t [MAT]

    Operar unha subtracción dunha cantidade.

  2. v t

    Quitar unha cousa doutra.

    Ex: Esa cor réstalle elegancia ao traxe.

  3. v t [DEP]

    Devolver un saque, nalgúns xogos de pelota.

    Ex: Restou a pelota e gañou o punto. Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non restou á dereita e perdeu.

  4. v i

    Quedar parte ou a totalidade dunha cousa.

    Ex: Aínda nos resta algo de comida.

    Sinónimos: quedar.
  5. v i

    Distar un tempo ou unha distancia desde o momento no que se está ata o que queremos chegar.

    Ex: Restan tres días para os exames. Só restaban mil metros para a meta.

    Sinónimos: faltar, quedar, faltar.

Palabras veciñas

restablecer | Restande | restante | restar | restaurábel | restaurable | Restauração