restitución
(< latrestitutĭōne)
-
s
f
Acción de restituír.
-
s
f
[XEOG]
Operación consistente en levantar o mapa dun terreo a partir de dúas fotografías aéreas, observadas en estereoscopia, nas que se vai determinando, mediante un restituidor, cales son as coordenadas de diferentes puntos do terreo.
-
s
f
[DER]
-
Devolución dunha cousa ou reparación dun dano causado, de maneira que quede restablecida a orde anterior pola concorrencia do dano producido (dano emerxente) ou da ganancia non obtida a causa do prexuízo ocasionado polo dano (lucro cesante). En caso de ser imposible a devolución da mesma cousa, procédese á indemnización por danos e perdas.
-
Condición principal da responsabilidade penal ou civil nacida dos delitos contra a propiedade consistente na devolución ao perxudicado dos obxectos de que foi privado pola acción do delincuente ou do responsable civil. Están obrigados o culpable, o responsable civil e o terceiro que adquiriu a cousa legalmente.
-
-
s
f
[BOT]
Formación de novos órganos despois dunha mutilación.
-
coeficiente de restitución
[FÍS]
No estudo do choque entre dous corpos, cociente entre a velocidade relativa que levan despois do choque e a de antes do choque. Nun choque perfectamente elástico o coeficiente de restitución vale 1, e nun choque totalmente inelástico vale 0.