resultado

resultado

(< resultar)

  1. s m

    Aquilo que resulta de algo.

    Ex: Iso é resultado do teu pouco interese polos estudos.

  2. s m [MAT]

    Cantidade resultante dunha operación ou dun cálculo matemático.

  3. s m

    Maneira de terminar unha acción.

    Ex: O resultado foi favorable para o Pilotes Posada. O resultado das votacións satisfacía a todos.

  4. s m

    Rendemento ou utilidade de algo.

    Ex: Estes pantalóns déronme moi bo resultado.

  5. s m pl [ECON]

    Conta diferencial de neto que recolle os beneficios contables que se derivan da actividade propia dunha unidade económica nun exercicio.

Palabras veciñas

restrollo | resucitar | resulta | resultado | resultando | resultante | resultar