retablo

retablo

(< lat tardío retaulu

  1. s m [ARTE]
    1. Conxunto de táboas pintadas ou dun frontal de mármore, pedra ou outro material, que xeralmente representa escenas relixiosas e que se coloca detrás do altar. Os primeiros retablos coñecidos, obras de ourivaría de pequenas dimensións, datan do s XII. Nos ss XIII e XIV, xa eran fixos, de grandes dimensións e con obras de talla ou pintura. Chegaron a adquirir unha gran riqueza ornamental no s XV e a partir do s XVI convertéronse en auténticos pórticos.

    2. Conxunto de figuras pintadas ou talladas que normalmente representan unha historia sagrada ou un episodio da Biblia.

  2. s m [LIT]

    Representación teatral dun episodio da historia sagrada.

Palabras veciñas

resurxente | resurximento | resurxir | retablo | retacar | retador -ra | retagarda