retórica
(
-
s
f
[LIT]
Arte da elocuencia, da expresión oral e escrita, que consta de cinco partes fundamentais: inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio. Fixada cunhas regras, os sofistas introducírona en Grecia e perpetuouse e enriqueceuse na tradición posterior. As súas orixes están en Siracusa (Sicilia), como resposta ao estímulo da necesidade oratoria, incrementada pola loita política e xudicial do s V. C. Gorxias e o seu discípulo Trasímaco de Calcedonia foron os primeiros que, en Atenas, fixeron que a retórica fose á par da técnica do falar e do escribir, ensinárona e fixaron uns criterios. Isócrates foi un mestre práctico da retórica que distinguiu claramente entre poesía e prosa, e soubo reflectilo nos seus diversos xéneros oratorios. Froito das súas ensinanzas é a pseudoaristotélica Retórica a Alexandre, obra escrita probablemente por Anaxímenes de Lámpsaco en 340 a C. A partir del, distínguense dúas categorías xerais de discurso (o xudicial e o deliberativo) e sete xéneros (aconsellar, desaconsellar, loar, censurar, acusar, defender e examinar). Máis tarde, Aristóteles (Retórica) distinguiu un elemento psicolóxico da palabra, que é a paixón, imitación e figuración, e un elemento puramente racional e lóxico. A escola peripatética elaborou, partindo sobre todo de Teofrasto, a teoría dos tres estilos (alto, medio e atenuado). Os romanos asimilaron axiña as teorías gregas, como demostran a Rhetorica ad Herennium e o tratado De inventione, de Cicerón. Na Institutio oratoria, Quintiliano sintetizou as doutrinas grecorromanas e fixo que, a partir de entón, a retórica dominase completamente a literatura. En Bizancio, continuouse coa tradición grega, e triunfou co aticismo (Nicéforo Khumnos, ss XIII-XIV). En Occidente, a retórica foi a preocupación constante de todos os escritores, de Santo Agostiño a Alberte o Magno e Tomás de Aquino, entre outros. Durante o humanismo, a retórica foi o substrato de calquera forma de actividade intelectual, e no s XVI foi en decadencia, malia que no século seguinte acadou algúns fitos importantes. O romanticismo marcou o seu abandono como ciencia.
-
s
f
[LIT]
-
Maneira de falar ou escribir ampulosa e baleira, artificialmente elegante.
-
Abundancia de palabras, sobre todo cando están fóra de lugar ou son enganosas.
-