reumatismo
reumatismo
(< lat reumatismu < grρευματισμός)
-
s
m
[PAT]
Doenza de etioloxía moi diversa pero que ten en común a dor e a impotencia funcional dalgunha parte do aparato locomotor (ósos, músculos e articulacións). Están neste grupo enfermidades como a artrite, a artrose, a colaxenose ou a gota.
Sinónimos: reuma. -
reumatismo palindrómico
[PAT]
Doenza de causa descoñecida caracterizada por episodios recorrentes de artrite de duración variable, desde unhas poucas horas ata unha semana. Resultan especialmente afectados os xeonllos e os dedos das mans.
-
reumatismo poliarticular agudo
[PAT]
Doenza que se presenta como complicación inflamatoria non supurada dunha infección polo estreptococo betahemolítico do grupo A. OBS: Tamén se denomica febre reumática.