Ribadeneira, pazo de

Ribadeneira, pazo de

Construción situada en Cudeiro (Ourense). De planta irregular, semellante a un rectángulo con patio interior, ten planta baixa e un andar e cuberta a catro augas. Sobre a porta principal atópase a pedra de armas, que alude aos Deza e os Villamarín, rodeada de molduras e decorada con placas. A fachada principal ábrese ao Camiño Real. Ten unha capela.