Ribadiso, ponte de
Ribadiso, ponte de
Construción situada sobre o río Iso en Rendal (Arzúa), situada no Camiño Francés de peregrinación a Santiago. De orixe medieval, foi realizada en cantaría e xisto e ten un só arco de medio punto. Nas súas proximidades sitúanse os restos dun antigo hospital de peregrinos.