Ribeira, casa de

Ribeira, casa de

Construción situada en Cequeliños (Arbo). Realizado en cachotaría, ten planta en forma de L, con patín de acceso e unha escaleira exterior que pecha o patio. Posúe un portón arquitrabado realizado en cantaría e decorado con placas, sobre o que se dispon un escudo de grandes dimensións.