Ribularia
Ribularia
[PROTISTA]
Xénero de algas, do filo das cianobacterias, coloniais, que teñen o tecido azul verdoso e forman masas globosas, elásticas e xelatinosas, sobre as rochas do nivel medio do litoral. En Galicia pode atoparse a especie R. bullata.