Ricordi e Compagnia
Ricordi e Compagnia
Editorial musical de Milán que fundou Giovanni Ricordi (1785-1853) en 1808. Editou as principais óperas de Rossini, Donizetti, Bellini ou Pacini. O seu fillo, Tito Ricordi (1811-1888), ampliou o negocio e converteuse no editor de Verdi e Pucini. A empresa iniciou a súa expansión en 1912 e cambiou de propietarios en 1919. En 1994 pasou a formar parte do grupo Bertelsmann.