rifa

rifa

(< rifar)

  1. s f
    1. Acción de rifar algo.

      Ex: Fixeron a rifa dunha moto.

      Sinónimos: sorteo.
    2. Xogo que consiste en sortear algo.

      Ex: Fixemos unha rifa para pagar a viaxe.

    3. Cada un dos boletos numerados que entran nun sorteo.

      Ex: Collemos dúas rifas de distinta numeración.

  2. s f
    1. Acción de rifar ou discutir dúas ou máis persoas.

      Ex: O partido rematou cunha tremenda rifa.

      Sinónimos: discusión.
    2. Reprimenda dirixida a alguén levantando a voz.

      Ex: Botoulle unha boa rifa por non amañar o cuarto.