Rift Valley
Rift Valley
Extensa zona fracturada que se estende en dirección xeral NL-SO por África Oriental e Asia Occidental. Trátase dunha serie de depresións tectónicas limitadas en toda a súa lonxitude por grupos de fallas máis ou menos paralelas. Comprende a rexión do lago Tiberíades, o val do Xordán, o Mar Morto, o golfo de ‘Aqaba, o sector do Mar Vermello, o altiplano etíope e a zona dos Grandes Lagos de África oriental.