ril

ril

(< lat ren)

  1. [ZOOL]
    1. s m

      Órgano fundamental do aparato urinario propio dos vertebrados. Nos vertebrados superiores, xunto coas glándulas sebáceas e sudoríparas e o mesmo aparato respiratorio, constitúen o aparato excretor. No ser humano é un órgano parello, situado na cavidade abdominal, retroperitonealmente, a cada lado da columna vertebral e á altura das últimas vértebras torácicas. Ten forma de faba, cunha lonxitude de 12 cm e un peso de 120 g, e está revestido dunha cápsula fibrosa. Ten por función eliminar os produtos nocivos non volátiles, co fin de manter a homeostase e a osmolaridade.

      Sinónimos: rinle.
    2. ril de acumulación

      Órgano de excreción propio dalgúns animais, no que os residuos ou as substancias sobrantes, en lugar de filtrarse dos líquidos internos e saír ao exterior, acumúlanse nalgúns lugares caducos ou ocos do corpo do animal, como nalgúns insectos e peixes.

  2. ril artificial

    hemodializador.