ringrave

ringrave

(< al Rheingraf, de Rhein‘Rin’ + graf ‘conde’)

s m [HIST]

Título dado a algúns príncipes de Alemaña, así como aos xuíces e gobernadores do contorno do río Rin. Orixinariamente recibírono os condes de Rheingau (o primeiro en levalo foi Hatton VI arredor do 937), e posteriormente (a finais do s XII) foi herdado polos señores de Stein, antecesores dos condes e príncipes de Salm.

Palabras veciñas

ringgit | Ringkøbing | ringleira | ringrave | ringraviato | rinite | Rinjani