rinolófido -da

rinolófido -da

(< lat científico Rhinolophus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rinolófidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero quiróptero da familia dos rinolófidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos, da orde dos quirópteros, caracterizados por ter o fociño provisto de 3 apéndices foliáceos (un dianteiro horizontal en forma de ferradura, outro vertical en forma de sela, e unha lámina vertical e posterior en forma de escalpelo), orellas sen antena ou trago, cola curta, e ás pregadas en posición de repouso arredor do corpo. Habitan en grutas e cavernas distribuídas polas rexións tropicais, subtropicais e temperadas de Europa, Asia, África e Australia. A familia inclúe un só xénero, Rhinolophus.

Palabras veciñas

rinofima | rinofonía | rinolalia | rinolófido -da | rinólogo -ga | rinoloxía | rinomanometría