Rio Tinto Zinc Group

Rio Tinto Zinc Group

Multinacional británica do sector da minaría. A súa orixe está na constitución en 1873 da Rio Tinto Co. Ld., que comprou ao goberno español a propiedade das minas de Riotinto. En 1954 a banca española adquiriu o control das minas e creouse a Compañía Española de Minas de Río Tinto SA, na que participaban os británicos cun terzo do capital. En 1966 constituíuse Rio Tinto Minera SA, cun 49% do seu capital en mans británicas. Finalmente, a Rio Tinto británica fusionouse coa Consolidated Zinc Corp., co que se constituíu o actual grupo.