RISGA

RISGA
Nome científico: [Renda de Integración Social de Galicia]

Prestación xestionada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. O seu obxectivo é garantir os recursos económicos de subsistencia aos que carecen deles, xunto co de acadar a súa autonomía e integración a través dun proxecto personalizado de inserción. Configúrase como un dereito recoñecible a toda persona que reúna os requisitos e condicións esixidas de insuficiencia de recursos, polo que se concede en todos os casos. En 1999 modificouse a Lei 9/1991, sobre medidas básicas de inserción social, flexibilizando os requisitos para acceder á prestación.