Risorgimento

Risorgimento

Movemento político e literario italiano do s XIX que culminou coa unidade estatal de Italia. Formado por diversas correntes cun odio común á dominación estranxeira, distinguíronse a republicana, dirixida por G. Mazzini; a monárquico-liberal, conducida por Camillo Benso di Cavour, partidario de que a unificación italiana se realizase baixo a coroa sarda, en mans da casa de Savoia; e a tradicionalista, defendida por V. Gioberti, que propugnaba unha confederación dos príncipes italianos baixo a dirección do papa. A corrente monárquica rematou impoñéndose, xa que o Reino de Sardeña era o máis forte dos estados italianos e contaba co concurso de políticos e literatos como Cesare Balbo e Massimo deTaparelli (marqués de Azeglio), e de militares como G. Garibaldi. Ademais, a Casa de Savoia beneficiouse do fracaso da opción papal e do descrédito progresivo da corrente republicana.

Palabras veciñas

riso | Rišon Lez | risoño -ña | Risorgimento | ríspeto -ta | Riss* | Rissa