rito
(
-
s
m
[HIST/RELIX]
-
Norma que regula a execución dunha acción sacra, dun sacramento ou as cerimonias de culto relixioso. Émile Durkheim distinguiu entre ritos positivos, con vista á cohesión do grupo, e negativos, fundados na separación entre o sagrado e o profano; tamén entre a maxia e o rito relixioso, relativo sempre a unha divindade da que se esperan favores. Pola finalidade fálase de ritos de paso, de participación, de propiciación ou de purificación, entre outros. Adoitan dexenerar normalmente, ben pola introdución dunha nova relixión, ou ben por unha crecente interiorización que leva a consideralos como símbolos externos ou como superstición.
-
Maneira concreta de celebrar a liturxia e de administrar os sacramentos e sacramentais, de acordo con regras litúrxicas. Na Igrexa latina, distinguiuse, a partir do s XVI, o rito simple do rito dobre (subdividido en maior, menor, de primeira e de segunda clase). O semidobre, intermedio, foi reducido a simple na reforma de 1955. Posteriormente pasou a indicar o conxunto dunha celebración litúrxica (como o rito da misa) ou ben un dos seus elementos (como o rito da paz).
-
Conxunto de formas litúrxicas propias dunha Igrexa, dunha rexión ou dunha orde relixiosa. O rito romano é controlado directamente pola Congregazione per il Culto Divino e la Disciplina dei Sacramenti.
-
-
s
m
Acto que se realiza de forma habitual.
-
cuestión dos ritos chineses e malabares
[HIST/RELIX]
Controversia teolóxico-pastoral suscitada con motivo das adaptacións litúrxicas feitas nas misións católicas de China e de Malabar (India) nos ss XVII-XVIII. Os motivos foron, sobre todo, a maneira de denominar a Deus na lingua chinesa e a cuestión de saber ata que punto os neófitos e os cristiáns podían intervir nos ritos tradicionais dedicados a Confucio e aos propios devanceiros. Cumpría unir, para a India, a adaptación ao estilo de vida dos brahmana. A polémica suscitada entre os misioneiros de diversas ordes relixiosas provocou a primeira intervención romana (1645) prohibindo os ritos que facían referencia a Confucio e aos devanceiros. Autorizados máis tarde polo Santo Oficio (1656), foron novamente prohibidos (1704). Ch. Maillard de Tournon, enviado como legado (1703-1704), prohibiu por tres anos as adaptacións feitas en Malabar, acción que ratificou en China. Un novo legado, Mezzabarba, intentou mellorar a situación (1720), pero Benedito XIV prohibiu definitivamente (1742) as experiencias. En 1939 foi revocada pola Santa Sede a prohibición para China e en 1940 para Malabar.