rizoforáceo -a
rizoforáceo -a
(< lat científico Rhizophora)
-
adx
Relativo ou pertencente ás rizoforáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das rizoforáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas dicotiledóneas que está constituída por plantas arbóreas ou arbustivas, tipicamente con raíces respiratorias, de follas simples xeralmente opostas, de flores regulares hermafroditas e de froitos en vaíña, en drupa ou en aquenio. Comprende preto de 100 especies, moitas como o mangleiro (Rhizophora mangle), son características dos mangleirais.