robertino -na

robertino -na

(< antropónimo Roberto)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos robertinos.

  2. s [HIST]

    Membro da descendencia agnada de Roberto (fillo de Lamberto -irmán ou quizais fillo dun Roberto- referendario do Rei Dagoberto I), mordomo do Rei Clodoveo II chanceler de Clotario III, o cal adquiriu terras en Austrasia (Metz). O seu neto, Roberto I (?-764), duque do Haspengau, herdou da súa muller Guillisvinda posesións en Wormsgau e chegou a ser (cara ao 750) conde do Alto Rin e do Wormsgau. O seu bisneto Roberto III (?-834), conde do Wormsgau, casou con Gualdara (ou Wialdruth), filla de Adrián, conde de Orléans, irmán de Hildegarda, muller de Carlomagno. O seu fillo Roberto IV o Forte (?-866), conde do Wormsgau, trasladou a súa familia á Franconia occidental, onde foi conde de Tours (853), marqués de Anjou e duque de Francia (861). Foi pai dos reis Odón I de Francia e Roberto I de Francia e bisavó do Rei Hugo I de Francia.