rocalla
rocalla
(< fr rocaille)
-
s
f
[ARTE]
-
Decoración de estilo rústico con imitación de rochas e elementos da natureza.
-
Obra arquitectónica que imita as rochas e os produtos da natureza que se difundiu moito nas grutas que adornaban os xardíns a partir do manierismo.
-
Estilo decorativo que en Francia concidiu cos estilos Rexencia e Luís XV que consiste na introdución de elementos da natureza como cunchas ou rochas nas artes decorativas. Tamén tivo difusión no mundo xermánico.
-
-
s
f
Xardín, xeralmente en pendente, decorado de rochas, volcánicas ou non, pedras, e plantas rupícolas, resistentes á seca, especialmente cactáceas e suculentas.