Rocha, ponte da

Rocha, ponte da

Construción situada sobre o río Sar en Conxo (Santiago de Compostela). Foi realizada en cantaría e presenta un único van, formado por un arco de medio punto flanqueado por dous tallamares triangulares. Sitúase na antiga estrada de Santiago de Compostela a Padrón.