rodofíceo -a

rodofíceo -a

(< rodo- + gr φῦχος ‘alga’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da clase das rodofíceas.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Clase de rodófitas integrada por algas pluricelulares de talo filamentoso ou laminar, moitas veces de estrutura complexa e xeralmente avermelladas. Teñen plastidios vermellos (rodoplastos) que conteñen, ademais de clorofila e carotenos, ficoeritrina e ficocianina. As súas paredes celulares están recubertas de mucilaxes a base de galactosa (ágar-ágar), algunhas delas con aplicacións industriais. Algunhas especies teñen incrustacións de carbonato cálcico e teñen importancia na formación de arrecifes coralinos. As súas células reprodutoras nunca son móbiles. Esta clase comprende unhas 4.000 especies de algas bentónicas, a maioría delas mariñas e especialmente abundantes nos mares cálidos e consta das subclases das banxiofícidas e das florideofícidas. Dalgúns dos seus xéneros obtéñense aditivos alimentarios texturizantes, como o ágar-ágar (a partir de especies dos xéneros Gracilaria e Gelidium) ou o carragheen (a partir de especies dos xéneros Chondrus, Gigartina e Euchema).

Palabras veciñas

rodo- | rodocrosita | rododendro | rodofíceo -a | rodófito -ta | Rodoiro | Rodolfo