rol

rol

(

  1. s m

    Lista das persoas que constitúen un conxunto, como os traballadores dunha empresa.

  2. s m [DER/MAR]

    Libro ou conxunto de documentos que leva a bordo o capitán ou o patrón dunha embarcación, legalizados pola autoridade da mariña, e que contén a lista completa dos membros da tripulación, os seus contratos, os datos do propietario e do fretador e as características da embarcación.

  3. s m

    Función ou papel que desempeña alguén nun lugar ou situación.

  4. xogo de rol [XOGO]

    Xogo de interpretación, no que os xogadores dan vida a un personaxe de fición, indicando as accións que este quere realizar dunha forma verbal.