rolda

rolda

(< lat rotŭla ‘rodiña’)

  1. s f
    1. Percorrido que se fai por un lugar para realizar un servizo de vixilancia.

      Sinónimos: ronda.
    2. Patrulla nocturna de vixilancia que percorre as rúas, as fortificacións ou os puntos de garda.

      Sinónimos: ronda.
  2. s f

    Percorrido nocturno que fai un grupo de mozos que van polas rúas tocando e cantando.

    Sinónimos: ronda.
  3. s f
    1. Orde sucesiva que se segue para facer algo que se repie.

      Ex: Comezaron unha nova rolda de negociacións.

      Sinónimos: ronda.
    2. Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa.

      Sinónimos: quenda, ronda, veceira, vez, vez.
    3. Serie de consumicións repetidas que toma un grupo de persoas nun establecemento.

      Sinónimos: ronda, volta.
  4. s f [ARQUIT/URBAN]
    1. Camiño que percorre interiormente a muralla dunha praza fortificada ou unha cidade.

      Sinónimos: ronda.
    2. Camiño de circunvalación dunha cidade.

      Sinónimos: ronda.
    3. ía pública que rodea total ou parcialmente unha poboación enlazando as estradas que alí aflúen.

      Sinónimos: ronda.
  5. s f [ETN]

    Santa Compaña.

  6. rolda de recoñecemento [DER]

    Ringleira de presos que se fan desfilar diante dalguén para ver se este recoñece entre eles ao presunto delincuente.

Palabras veciñas

Rolando | Rolando, Luigi | rolar | rolda | Roldán | Roldán | Roldán, Alfredo