Rolle, teorema de
Rolle, teorema de
[MAT]
Teorema segundo o cal se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado [a, b] e ten derivada en cada punto do intervalo aberto (a, b), entón se f (a) = f (b), existe un punto c en (a, b) tal que f’ (c) = 0. É dicir, que existe nun punto c entre a e b unha tanxente horizontal na curva representativa da función.