Rolls-Royce

Rolls-Royce

Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles de luxo e de motores de avión e de automóbil. Fundada en Derby en 1906 por Charles Stewart Rolls e Frederic Henry Royce, os seus automóbiles foron o símbolo da perfección e do confort, como o Silver Ghost, construído a partir de 1907, co que colleitaron o seu maior éxito. Entre 1908 e 1912, e coa colaboración dos irmáns Wright, a empresa dedicouse á fabricación de motores de aviación, e en 1915 construíu vehículos blindados. En 1931 absorbeu a Bentley Motors Limited e abasteceu á Royal Air Force da maior parte dos motores para os seus avións (1939). En 1998 foi adquirida por Volkswagen.