Roma, Saqueo de
Asalto e saqueo da cidade de Roma levado a cabo o 6 de maio de 1527 polo exército imperial durante o enfrontamento entre o Emperador Carlos V de Alemaña e Francisco I de Francia polo predominio en Italia. Carlos III de Borbón, que comandaba o exército imperial, aproveitou as dificultades en que se atopaban os membros de Liga de Cognac para atacar o Papa Clemente VII, que persistira en axudar a liga, feito que decidiu o condestable de Borbón, como represalia, a atacar Roma. Pero morreu no primeiro asalto, e isto provocou a vinganza dos seus soldados, que se entregaron a un saqueo implacable durante varios días. Mentres o papa tivo que refuxiarse en Sant’Angelo durante sete meses. O conflito non acabou ata a Paz de Barcelona (1529) asinada entre o emperador e o papa.