Romulea

Romulea
[PLANTA]

Xénero de plantas, da familia das iridáceas, cun bulbo protexido por unha túnica coriácea, follas basais filiformes, flores de cor violeta ou branca, con dúas espatas e seis tépalos e froito en cápsula globosa ou alongada. En Galicia pódense atopar as especies R. clusiana, nas costas, sobre todo do S, e R. bulbocodium, máis común no interior.