Rondônia

Rondônia

Estado do NO de Brasil limitado ao N polo estado de Amazonas, ao L polo de Mato Grosso, ao S por Bolivia e ao O polos estados de Acre e Amazonas (238.513 km2; 1.379.787 h [2000]). A súa capital é Porto Velho. O clima é cálido e húmido na Amazonia. A agricultura é de subsistencia, destacan os cultivos de caucho, arroz, cana de azucre e plátanos. O comercio con Bolivia realízase por medio da navegación fluvial, que é o medio de transporte máis corrente.

Palabras veciñas

Rondel | Rondelet, Guillaume | rondó | Rondônia | Ronfe | Ronjat, Jules | roñón -na