ronquillo

ronquillo
s m [MÚS]

Parte da gaita composta por un tubo sonoro que emite un son constante. Está formada por dúas pezas cilíndricas, cun conduto interior polo que vai o aire, que se ensamblan entre si. A prima é a peza que se insire na buxa do roncón e na que vai colocada o pallón, de menor tamaño ca o do roncón. A copa é outra peza cilíndrica que remata nunha pequena copa semellante á do roncón. A afinación do ronquillo é unha oitava superior á nota tónica do roncón. O seu tamaño está en función da afinación da gaita e, polo tanto, son máis longos os ronquillos das gaitas afinadas en tonalidades baixas (Si bemol).